luns, 17 de febreiro de 2025

Exposición sobre a Biomasa

Boa tarde familias,

Este venres invitamos a todo o cole á nosa presentación sobre a biomasa, ensinamos as nosas maquetas para que todos e todas as puideran ver e tocar.

Preparamos unha canción que acompañamos cun baile sobre a temática que nos tocou investigar e desenvolver relacionada co proxecto do centro " A ciencia para un futuro sostible".

Agardamos que vos guste!


                

domingo, 2 de febreiro de 2025

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

 O 30 de xaneiro celebramos o día da paz no colexio con algunhas actividades levadas á cabo polo alumnado do centro.

Os de 5º fixemos uns corazóns para decorar o corredor e colgamos uns lazos con fermosas palabras na cancela da entrada.